IDIOMA
texto menortexto normaltexto mayor
Inicio >> Servizos

SERVIZOS

servizosEn Contenur, ademais de suministra-los produtos que fabricamos e comercializamos, tamén ofrecemo-la posibilidade de proporcionar ós nosos clientes un servizo de mantemento e conservación eficaz, que transmita ó cidadán unha satisfactoria imaxe de limpeza e hixiene co fin de implicalo no correcto uso dos distintos elementos urbanos postos á súa disposición.

Contamos cunha longa traxectoria no sector, 20 anos de experiencia que avalan a nosa labor, e que nos teñen permitido conseguir unha alta especialización na realización de todo tipo de servizos relacionados co medio ambiente urbano. Ó mesmo tiempo, dispoñemos de maquinaria e vehículos que incorporan as últimas tecnoloxías, adaptados específicamente para cada labor, ferramental específico e disponibilidade de repostos para atender e resolver calquera incidencia que puidese xurdir nun tempo record.

servizos  servizos

Entre outros, actualmente realizámo-los seguintes servizos de forma continuada (tanto de produtos fabricados por Contenur como doutros fabricantes):

  • INSTALACIÓN E MONTAXE
  • LAVADO MECÁNICO IN SITU E INTENSIVO EN NAVE de contedores, (RSU e recollida selectiva de residuos) e papeleiras.
  • MANTEMENTO MECÁNICO E CONSERVACIÓN de:
    • Contedores
    • Papeleiras
    • Xogos Infantís (segundo normativa)
    • Máquinas de recollida de excrementos caninos (SANECAN)
    • Cabinas de aseo público
    • Bancos
    • Elementos de ximnasia deportiva antivandálicos

Por outra parte, como complemento ós servizos que ofrecemos, facilitamos ós nosos clientes avanzados sistemas de software para almacenar informáticamente os traballos realizados, ó tempo que serve como ferramenta de consulta sobre calquera incidencia relacionada coa prestación dos mesmos.

  • SEGUIMENTO E CONTROL INFORMÁTICO DE INVENTARIO
    • Cartografía Dixitalizada
    • Bases de datos para xestión de incidencias e elaboración de estadísticas
    • Localización de elementos xeoreferenciados
    • Autocad e representación virtual en 3D (xogos infantís)
    • Informes de actuacións (operacións de lavado, mantemento, etc)
    • Historial por produtos e elementos en servizo
    • Transmisión de datos via e-mail e actualización mediante sistema espello

servizosAsí mesmo, dispoñemos dun Departamento de Estudos e Proxectos dotado de sistemas informáticos de última xeración que conta cun equipo de profesionais experimentados encargados de asesorar e orientar sobre calquera consulta que se lles realice, preparando ofertas adaptadas ás necesidades de cada cidade e efectuando estudos técnicos de campo para determina-la mellor solución.

Os nosos servizos contan coa certificación ISO 9001:2000 e 14001:96 que testemuñan un sistema de aseguramento da calidade no mantemento e conservación de mobiliario urbano así como no ámbito da xestión medioambiental.

Noticias Contenur

26/07/2007

Alzira (Valencia) renova a carga lateral de 2400 e 3200 litros

O concello valenciano de Alzira está a implantar a carga lateral grazas aos subministros de 2400 e 3200 litros realizados por Contenur, ademais de implantar novos contedores de carga traseira para renovar parcialmente o parque actual ...

Mas información

24/07/2007

O Concello de Valladolid optimiza a súas rutas de recollida de carga lateral

O Concello de Valladolid implantou nas rutas de carga lateral da cidade un novo parque de contedores da marca Contenur, pertencente ao modelo de 2400 litros de capacidade para a recollida convencional de residuos ...

Mas información

23/07/2007

Redondela (Pontevedra) estrea contedores de carga lateral, traseira e iglús para a recollida selectiva

Os veciños de Redondela (Galicia) estrean contedores de carga lateral, traseira e iglús para a recollida selectiva de residuos, grazas ás subministracións realizadas por Contenur para Urbaser, a empresa que presta o servizo de limpeza e recollida na cidade ...

Mas información

descargar boletin

© 2008 Contenur Tódolos dereitos reservados