CONTENUR ofrécelle un sistema de evaluación e servizos destinado a satisface-las necesidades que presenta a recollida de residuos sólidos nas nosas cidades. Partimos dun estudo pormenorizado onde determinámo-lo volume de residuos por zonas, definimos detalladamente a cantidade e o tipo de contedor ou papeleira a implantar, e desenvolvemos rutas de mantemento e lavado.
Unha vez definido o número de recipientes necesarios e os lugares ondedeben colocarse, procédese á implantación de contedores ou papeleiras de acordo coas prioridades marcadas polo cliente.


De cada un dos elementos instalados realízase un seguimento constante para comproba-la súa operatividade e bo estado, determinando en cada caso as actuacións oportunas: reparación de elementos danados, reposición ou substitución de recipientes, etc...
O servizo de mantemento abarca tódalas operacións necesarias para que os elementos instalados na vía pública se manteñan operativos e en perfectas condicións de conservación.
Co fin de mante-los recipientes no estado hixiénico e estético adecuado, resulta imprescindible proceder a realizar operacións de lavado periódicas; neste sentido, Contenur ten previsto un programa de lavado que asegura o cumprimento de tales premisas, contando para isto coas instalacións fixas adecuadas, e equiposlavapapeleiras e lavacontedoresmóbiles instalados sobre vehículos, estes últimos adaptados para realiza-lo servizo tanto en contedores de carga traseira como nos de carga lateral.
Nos nosos equipos informáticos quedan rexistradas tódalas actividades levadas a cabo en todos e cada un dos elementos implantados, contando así cun extenso banco de datos que nos permite adaptar e mellora-lo servizo adecuándoo ós novos requirimentos.
![]()
26/07/2007
O concello valenciano de Alzira está a implantar a carga lateral grazas aos subministros de 2400 e 3200 litros realizados por Contenur, ademais de implantar novos contedores de carga traseira para renovar parcialmente o parque actual ...
24/07/2007
O Concello de Valladolid implantou nas rutas de carga lateral da cidade un novo parque de contedores da marca Contenur, pertencente ao modelo de 2400 litros de capacidade para a recollida convencional de residuos ...
23/07/2007
Os veciños de Redondela (Galicia) estrean contedores de carga lateral, traseira e iglús para a recollida selectiva de residuos, grazas ás subministracións realizadas por Contenur para Urbaser, a empresa que presta o servizo de limpeza e recollida na cidade ...
© 2008 Contenur Tódolos dereitos reservados