IDIOMA
texto menortexto normaltexto mayor
Inicio >> Servizos >> Sanecans
Sanecan

O servizo de instalación e mantemento das máquinas Sanecan abarca tódalas operacións necesarias para a correcta colocación das máquinas a implantar na vía pública e a súa posterior conservación en perfectas condicións de uso.

Mediante exhaustivos estudos de campo, deseñamos as liñas mestras dunha idea tendente a satisfacer plenamente as necesidades que a súa cidade lle presenta, onde quedan reflectidos de maneira detallada, entre outros, os seguintes puntos:

  • Número de máquinas estimadas
  • Situacións idóneas suxeridas
  • Tipo de sanecan proposto segundo o entorno
  • Medios mecánicos específicos propostos
  • Medios humanos necesarios
  • Valoración económica do servizo

servizosAdemais, definimos con exactitude os elementos a implantar, procesamos tódolos datos e elaboramos un plan de actuación con produtos, rutas, frecuencias, etc.., para o cal contamos con persoal dotado de ampla experiencia eespecialización, maquinaria adaptada ó servizo, e un sofisticado sistema informático de xestión e seguimento das tarefas realizadas.

O programa de implantación efectúase segundo as necesidades establecidas polo estudo previo, e de acordo coas prioridades marcadas polo cliente.

Unha vez finalizada a implantación, realízase un control e seguimentode cada un dos elementos instalados de forma individualizada para comproba-la súa operatividade e bo funcionamento, determinando en cada caso as actuacións oportunas: reparación de averías, substitución de pezas danadas, limpeza de pintadas, reposición de bolsas, etc...

Nas nosas bases de datos rexístranse tódalas incidencias producidas en cada unha das máquinas Sanecan instaladas, contando así cun amplobanco de datos que nos permite realizar estudos de adaptación e mellora do servizo, co fin de adecualo ós novos requirimentos

Noticias Contenur

26/07/2007

Alzira (Valencia) renova a carga lateral de 2400 e 3200 litros

O concello valenciano de Alzira está a implantar a carga lateral grazas aos subministros de 2400 e 3200 litros realizados por Contenur, ademais de implantar novos contedores de carga traseira para renovar parcialmente o parque actual ...

Mas información

24/07/2007

O Concello de Valladolid optimiza a súas rutas de recollida de carga lateral

O Concello de Valladolid implantou nas rutas de carga lateral da cidade un novo parque de contedores da marca Contenur, pertencente ao modelo de 2400 litros de capacidade para a recollida convencional de residuos ...

Mas información

23/07/2007

Redondela (Pontevedra) estrea contedores de carga lateral, traseira e iglús para a recollida selectiva

Os veciños de Redondela (Galicia) estrean contedores de carga lateral, traseira e iglús para a recollida selectiva de residuos, grazas ás subministracións realizadas por Contenur para Urbaser, a empresa que presta o servizo de limpeza e recollida na cidade ...

Mas información

descargar boletin

© 2008 Contenur Tódolos dereitos reservados