Para a realización de proxectos, sistemas de instalación, mantemento e conservación de xogos infantís e mobiliario urbano, Contenur conta cungrupo de profesionais altamente cualificados dotados dos mellores medios materiais.
O noso Departamento de Estudos e Proxectos está integrado por un equipo de técnicos que se encargan de analizar minuciosamente os datos obtidos sobre o terreo, para desenvolver e ofrecer posteriormente as solucións que mellor se adapten ás necesidades demandadas polos nosos clientes.
Para a elaboración de estudos contamos con sistemas informáticos de últimaxeración que nos permiten procesa-la información en sofisticados programas de deseño, capacitándonos para poder ofrecer ós nosos clientes a mellor elección dos nosos produtos e contrata-los servizos de mantemento máis eficaces.


Un equipo de profesionais con ampla experiencia, equipados cunha importante flota de vehículos adaptados e abastecidos con tódolos elementos necesarios, encárgase da instalación e o mantemento das áreas infantís, actuando de acordo coas condicións de seguridade marcadas pola normativa europea.
Contenur mantén exhaustivas inspeccións que cumpren cos requisitos recollidos nas normas de seguridade europea EN 1176-1177:1998. Ofrecemos ós nosos clientes e usuarios un servizo eficaz que conta co obxectivo primordial de asegura-las instalacións que conserva. O noso compromiso consiste en poñer a disposición dos nenos un divertimentoexento de todo risco, para isto, o noso persoal encárgase de comprobar estruturas, cimentacións, elementos de xogo, ancoraxes, parafusos, pavimentos, etc..., balizando e acotando calquera área de xogo que puidese incumpri-la normativa establecida EN 1176-77 ata proceder á súa reparación.
Co ánimo de ofrecer un servizo da máxima calidade, establecemos programas de inspección adaptados ás necesidades particulares de cadacidade, propoñendo melloras orientadas a solventar calquera incidencia nun tempo mínimo.
Contenur dispón de diversos centros de prestación de servizos, nos cales contamos con stocks permanentes de compoñentes, repostos e accesorios, que nos permiten efectuar un mantemento correctivo fluído, substituíndo calquera elemento de xogo deteriorado nun breve prazo de tempo.
![]()
26/07/2007
O concello valenciano de Alzira está a implantar a carga lateral grazas aos subministros de 2400 e 3200 litros realizados por Contenur, ademais de implantar novos contedores de carga traseira para renovar parcialmente o parque actual ...
24/07/2007
O Concello de Valladolid implantou nas rutas de carga lateral da cidade un novo parque de contedores da marca Contenur, pertencente ao modelo de 2400 litros de capacidade para a recollida convencional de residuos ...
23/07/2007
Os veciños de Redondela (Galicia) estrean contedores de carga lateral, traseira e iglús para a recollida selectiva de residuos, grazas ás subministracións realizadas por Contenur para Urbaser, a empresa que presta o servizo de limpeza e recollida na cidade ...
© 2008 Contenur Tódolos dereitos reservados